Was this page helpful?

ESFWiki

    Tabla de contidos
    1. 1. ESFwiki

    ESFwiki

     

    Benvido á wiki de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, onde atoparás todo o que sempre quixeches saber e nunca te atreviches a preguntar sobre o funcionamento de ESF. Na web de ESF podes atopar xa algunhas pinceladas sobre os eixos de traballo, quen forma a organización ou como contactar con ela. Pero neste espazo preténdese profundizar moito máis nos procedementos de traballo, protocolos de actuación e outros aspectos organizativos, con enlaces a moita documentación adicional. Como en calquer organización, os Estatutos son o documento básico que indica en liñas xerais o propósito de constitución da mesma e como se organiza.

    Ademais seguro que vos interesará coñecer os eixos actuais que marcan o traballo de Enxeñería Sen Fronteiras e qué é o que persegue ESF con todo ese traballo. Iso podedes velo na Planificación Estratéxica de ESF Galicia, vixente até o ano 2013.

    Que qué é ESF? ESF é unha asociación independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano.

     

    Eres novo/a no voluntariado de ESF? Pulsa aquí.

     

    Para facela máis intuitiva, a wiki vai estar estructurada seguindo dúas lóxicas:

    1) segundo as áreas de traballo de ESF (lóxica de carpetas que podedes ver na columna da esquerda da wiki)

    2) segundo grandes grupos de conceptos (lóxica de etiquetas, que podedes ver abaixo de cada páxina)

     

    1) SEGUNDO ÁREAS DE TRABALLO

     

    ÁREAS DE TRABALLO BÁSICAS

    - Educación para o Desenvolvemento (Inclúe Investigación para o Desenvolvemento)

    - Sensibilización

    - Incidencia

    - Programas Internacionais para a Cooperación ao Desenvolvemento

     

    ÁREAS TRANSVERSAIS DE APOIO

    - Voluntariado (inclúe Formación Interna)

    - Administración e Tesouraría

    - Sistemas de Información e Comunicación

     

    Ademais hai un apartado específico sobre ORGANIZACIÓN INTERNA.

     

    2) SEGUNDO GRUPOS DE CONCEPTOS

    Se non atopas o que buscas seguindo a estructura anterior, proba por aquí:

    | Actividades | Asuntos económicos | Asuntos informáticos | Comentarios e suxerencias | Como elaborar material | Contactos | Ferramentas 2.0 | Filosofia | Formación | Funcións | Guias e procementos | Materiais para uso | Nivel básico de formación | Nivel intermedio de formación | Nivel avanzado de formación | Problemas e conflictos | Relaccións institucionais | Voluntariado | Soberanía alimentaria

     

    NOTA PARA OS EDITORES: é moi importante que cando fagades un aporte á wiki o fagades seguindo ambas lóxicas, creando a nova entrada ou carpeta dentro dunha estructura coherente en cada área de traballo, e engadindo unha ou máis das etiquetas propostas no punto 2 desta páxina (se queres engadir algunha, comproba ben que non exista unha parecida e que sexa realmente necesaria).

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 1

    FicheiroTamañoDataAchegado por 
     Plan Estratexico v2009.pdf
    Non hai descrición
    572.04 kB12:13, 9 Xun 2011AdminAccións
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.