Was this page helpful?

Pagos

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Poden considerarse dúas modalidades xerais de pago a proveedores ou entidades ás que ESF lles teña que transferir diñeiro:

    1ª) Transferencias bancarias directamente dende contas de ESF (internacionais ou nacionais). Eses pagos deben levar asociadas algún dos seguintes documentos:

    • Factura ou contrato de servizos a nome de ESF co correspondente  protocolo interno de factura que ten que encher a persoa responsable económica do grupo que realiza o gasto
    • Pagos a organizacións socias en proxectos nacionais ou internacionais (por exemplo no caso dos pagos aos socios locais nos programas internacionais de cooperación ao desenvolvemento, en base ao convenio firmado con elas para cada proxecto), que deben levar un protocolo de solicitude de transferencia a socios asociado a cada un. Este protocolo debe enchelo a persoa responsable económica do grupo que pide a transferencia, enviándoo ás persoas encargadas das transferencias (no caso de proxectos internacionais, son presidencia e tesouraría).
    • Folla de liquidación de dietas para persoas colaboradoras con ESF que teñan que cubrir desprazamentos, manutención e/ou aloxamento por ter participado en eventos de ESF (por exemplo persoas relatoras de xornadas ou cursos de ESF).

     

     

    2ª) Pagos por parte de persoas da base social ou colaboradoras de ESF. Hai dúas modalidades:

    • Unha persoa da base social do grupo responsable do gasto adianta o diñeiro e fai o gasto, previa autorización da persoa coordinadora económica do grupo. Para recuperar os cartos basta con que presente os documentos que se explican máis abaixo no epígrafe IMPORTANTE. Non se trata dun lucro senón dun dereito recoñecido na Ley 45/2015 de Voluntariado:
      Artículo 10. Derechos de los voluntarios.
      f) Ser reembolsadas por la entidad de voluntariado de los gastos realizados en el desempeño de sus actividades, de acuerdo con lo previsto en el acuerdo de incorporación y teniendo en cuenta el ámbito de actuación de voluntariado que desarrollen.
    • A persoa da base social que vaia realizar o gasto, previa autorización da persoa coordinadora económica do grupo, solicita a ESF Galicia un adianto enchendo un protocolo de adianto de fondos para gastos. Unha vez realizado o gasto, debe presentar os documentos que se explican máis abaixo no epígrafe IMPORTANTE. Se o importe gastado é maior que o que ESF lle adiantou, se lle abonará a diferencia. No caso de que o gasto fora menor que o que ESF lle adiantara, terá que devolver a ESF a diferencia, entregando ademais un protocolo de reintegro de fondos adiantados sobrantes (e quedando cunha copia do mesmo).

     

    En todos os casos a persoa responsable económica que ten que haber en cada grupo de traballo debe autorizar o gasto asinando o protocolo pertinente (a sinatura pode substituirse por unha autorización vía email), protocolo que deberá facerse chegar EN FÍSICO á secretaría técnica na sede de A Coruña unha vez realizado o gasto, debidamente cuberto, e cos xustificantes axeitados de gasto. A continuación descrébense os dous tipos básicos de protocolo de xustificación de gastos.

     

     

    IMPORTANTE: TIPOS DE PROTOCOLO DE XUSTIFICACIÓN DE GASTOS:

    - Se se trata de desprazamentos/manutención/aloxamento persoais: folla de liquidación de dietas achegando os tickets ou facturas de transporte/peaxe/manutención/aloxamento correspondentes, e no caso de transporte privado ademais indicando kilómetros realizados e total a perceber (a razón de 0,19€/km). NON ESQUEZAS ASINAR. Se non tes tickets de manutención, se aplicará a seguinte táboa de dietas da organización (de hospedaxe é preferible contar sempre con factura, aínda que sexa a nome persoal). A sinatura da persoa RESPONSABLE DA ACTIVIDADE (que será a responsable económica do grupo responsable da mesma ou, se non hai, a persoa coordinadora do grupo), pode ser física asinando o protocolo, ou vía email e adxuntala impresa.

    - No resto de gastos: protocolo de reintegro de gastos ben cuberto, achegando tamén as facturas correspondentes ao gasto realizado (FACTURAS SEMPRE A NOME DE Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (CIF G36774271) con domicilio en Campus Elviña s/n. Escola de Enxeñería de Camiños, 15071, A Coruña) que correspondan. A sinatura da persoa RESPONSABLE DA ACTIVIDADE (que será a responsable económica do grupo responsable da mesma ou, se non hai, a persoa coordinadora do grupo), pode ser física asinando o protocolo, ou vía email e adxuntala impresa. A persoa que solicita os cartos debe asinar no espazo de recibín.

    Lembrade que o prazo máximo para pedir o reintegro de fondos adiantados e de 1 mes dende que se fai o gasto, e nunca máis aló do ano en curso. Por exemplo, os gastos realizados en decembro téñense que solicitar no mesmo decembro. Isto é por temas de peche de contabilidade, que se non á pobre xente do GAT fáixelle moitísimo lío. Ademais é preferible sempre que sexa posible que os pagos de todo tipo se fagan vía TRANSFERENCIA BANCARIA (tanto por parte de ESF como por parte das persoas da base social que fagan os gastos ou devolvan cartos a ESF).

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 11

    FicheiroTamañoDataAchegado por 
     081124 Presentación protocolo gastos.pdf
    Instruccions para protocolo interno de gastos
    327.84 kB12:57, 9 Xun 2011AdminAccións
     121001_aammdd_modelo_Protocolo_transferencias.ods
    Protocolo de transferencia internacional
    19.76 kB18:52, 8 Abr 2013AdminAccións
     2015_ADIANTO_DE_FONDOS_GASTO_V1.odt
    Protocolo para solicitude de fondos adiantados a ESF
    121.11 kB11:53, 16 Dec 2015AdminAccións
    2015_protocolo_factura.odt
    Protocolo de facturas que paga ESF
    69.68 kB22:24, 5 Xun 2015AdminAccións
     2015_protocolo_factura.pdf
    Protocolo de facturas que para ESF en pdf
    86.14 kB22:24, 5 Xun 2015AdminAccións
     2015_REINTEGRO_DE_FONDOS_ADIANTADOS_SOBRANTES.odt
    Protocolo para reintegro de fondos adiantados sobrantes
    118.02 kB12:42, 16 Dec 2015AdminAccións
     2015_REINTEGRO_DE_FONDOS_ADIANTADOS_SOBRANTES.pdf
    Protocolo para reintegro de fondos adiantados sobrantes PDF
    141.06 kB12:42, 16 Dec 2015AdminAccións
    2017_LIQUIDACION_DIETAS_V2.odt
    Folla de liquidación de dietas,para gastos PERSOAIS de desprazamento,manutención e aloxamento
    129.89 kB08:37, 24 Abr 2017AdminAccións
    2017_LIQUIDACION_DIETAS_V2.pdf
    Protocolo para solicitude de fondos adiantados a ESF pdf
    156.93 kB08:37, 24 Abr 2017AdminAccións
    2017_REINTEGRO_DE_GASTO_V1.odt
    Non hai descrición
    125.52 kB12:40, 16 Feb 2017AdminAccións
    2017_REINTEGRO_DE_GASTO_V1.pdf
    Non hai descrición
    119.63 kB13:05, 16 Feb 2017AdminAccións
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.