Was this page helpful?

Alternativas libres a ferramentas informáticas privativas

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Como adalides do software libre e a soberanía dixital, o GSI de ESF nos aconsella usar diversas ferramentas libres como alternativas as privativas (e moitas delas que o requieren xa as deixaron montadas no servidor de ESF Galicia):

    • En vez do doodle para poñer reunións, usar o framadate
    • En vez do skype ou hangout, o mumble (require servidor propio), e se se desexan videochamadas entón outras opcións son Ring e Jitsi (xa que mumble non ten videochamada). Sen requeir servidor propio, dende a web: appear.in (engadir o nome dunha sala aleatoria e compartir o link, p.ex. https://appear.in/galiciatic).
    • En vez de MS-Office usar Libre-office
    • En vez de sistemas operativos privativos, usar libres, por exemplo os baseados en GNU-Linux (na sede da Coruña temos Debian, pero hai moitos máis).
    • Owncloud en vez de google drive (se ben o creador da app e un grupo de programadores crearon o seu propio proxecto alternativo molestos pola deriva comercial do owncloud: https://nextcloud.com/)
    • Etherpad en vez de google-docs (só para texto, non hai para follas de cálculo compartidas, para follas de cálculo estaría ethercalc: https://ethercalc.org/)
    • Gimp ou Krita en vez de Photoshop
    • Inkscape para traballar en vectorial (útil para facer cartaces, pero tamén para presentacións empregando o pluggin Sozi como alternativa a Prezi).
    • Usar compresión .zip en vez de .rar, ou tamén 7z que é libre e baixo GPL (e comprime con mellores ratios).
    • Usar formatos de arquivo libres e non privativos (mellor non .doc, .xls, .xlsx, .docx). Para actas que non se van modificar, o mellor é o .pdf
    • Para navegar, mellor Firefox en vez de Internet Explorer, Chrome ou Safari
    • Para buscar na web, mellor duckduckgo en vez de google, que non te rastrea nin cede os datos
    • Thunderbird, como alternativa a Outlook, para xestión de correo-e.
    • Para correo-e en web está openmailbox, tutanota, mailfence (servidor europeo, privacidade como leit motiv), en vez de gmail, hotmail, yahoo... O tutanota é gratuito, pero ten tamén unha version de pago (razonable 12€/ano). O mailfence algo similar, ainda que andaba polos 20/ano. Tamén estaría Kolab, Proton mail (o mais agradable), que tamén están moi ben, pero con versión gratuita máis limitada, e versión de pago sobre uns 40-50€/ano
    • Wordpress para deseño de webs e blogues (en vez de blogspot, en ESF estamos en proceso de migración...).
    • Roundcube para cliente de correo web, listas, etc.
    • Telegram (aunque no es 100% software libre, aquí lo explica muy bien) en vez de Whatsapp. Tiene la ventaja de que se puede instalar en un ordenador sin necesidad de tenerlo instalado en un móvil. También hay la opción de grupos, para la coordinación de los grupos de trabajo.
    • EMAPIC para deseño de formularios e enquisas (mesmo para facelas xeolocalizadas) en vez de google-form.
    • OpenstreetMap para mapas web, en vez de googlemaps

     

    Outras de menos uso, pero útiles:

    • CIVI-CRM, GONG, SinergiaCRM (esta aínda non está liberada, se ben expresan na web a intención de liberala "tan pronto como sea posible") para xestión de persoas e xestión integral en organizacións non lucrativas
    • VLC como reproductor multimedia alternativo a windows media player
    • Audacity e Ardour como editor de música
    • Kdenlive, Openshot e Shotcut como editores de video
    • Blender como software de modelado 3D para arte e animación
    • FreeCAD como software de modelado 3D técnico
    • LibreCAD (antigo qcad), para 2D-CAD en vez de AutoCad. Máis WYSIWYG e semellante ao autocad que o freeCAD
    • Transmission ou Deluge para descargar Torrents, en vez de uTorrent
    • uBlock Origin para bloquear anuncios web
    • Tor para navegación anónima en la web
    • PopcornTime como alternativa a Netflix
    • Plataforma para montar cursos en liña, moodle.

     

    Máis propostas???  Aquí podedes atopar unha web onde proporciona alternativas libres ao programa privativo que lle poñas

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.