Was this page helpful?

Listas de Correo

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    As listas de correo poñen en contacto a todos os membros dun mesmo grupo. A parte das listas propias dos grupos, existen as listas de sedes e a lista xeral.

    É a principal ferramenta de traballo diario do grupo, o ideal é ter unha conta especifica para ESF (sobre todo se non entras moito ao correo) e con filtros.

    Idealmente, todo voluntario ou membro dun grupo de traballo de ESF debería estar dado de alta na lista xeral, na lista propia da súa sede (se pertence a algunha sede), e na da súa área de traballo (PICD, EpD, etc.) e na do seu grupo en particular. Se se considera que haberá un volume demasiado alto de correos-e, o mínimo axeitado sería estar dado de alta na lista da sede (ou na xeral se non pertence a unha sede) e na do seu grupo de traballo.

    Aquí se poden ver as listas de correo-e de ESF Galicia que existen actualmente e darse de baixa delas.

    O procedemento para darse de alta nunha lista é solicitalo á persoa coordinadora do grupo, área ou sede da lista en cuestión na que se teña que dar de alta, e que esta o notifique á persoa do GSI encargada da xestión das listas de correo-e.

    Para darse de baixa, bastará con que a persoa o solicite á persoa do GSI encargada da xestión das listas de correo-e.

    Para máis información sobre como darse de alta nas listas de correo-e existentes en ESF Galicia e ver o listado das listas existentes, consultar o manual.

    Ademais, cando vaias escreber nunha lista, para facilitar a vida á xente (algunhas listas teñen bastante tráfico e moita xente está en varias listas...) aquí van unhas recomendacións de etiquetado de correos e tamén un articuliño moi interesante con consellos para non perderse cos correos.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 1

    FicheiroTamañoDataAchegado por 
     090126.listas.protocolo_altas.pdf
    Protocolo de alta en listas de correo
    135.45 kB13:35, 9 Xun 2011AdminAccións
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.