Was this page helpful?

Blogues

    ESF conta de distintos blogues. Neles se describen as actividades nas que asociación está inmersa. Así, se dispoñen de blogues de proxectos, de grupos, de asignaturas e un blogue xeral transversal a toda a asociación.

    Ditos blogues son os seguintes:

    Normas básicas

    • Para dar a máxima visibilidade a todas as entradas non se recomenda engadir máis dunha ao día. Soamente naqueles casos nos que sexa verdadeiramente importante (algo que non poida esperar, ex.: anuncio dunha convocatoria) se debería escribir máis dunha entrada. A experiencia demostra que moitas das entradas son descripcións de actividades ou comentarios sobre novas relacionadas con ESF. Sendo isto así, non é necesario se teñan que publicar ao momento, senón que poden ser retrasadas un día ou varios. Así, esta norma non debería supor problema algún.

     

    Como publicar

    Aquí tendes unhas instruccións faciliñas sobre como publicar en calquer blogue de blogger, e aquí uns bos conselliños da xente de Masticable.

    O blogue de vida asociativa

    • Anímase a aqueles grupos con blogue propio a que escriban de cando en vez no blogue de vida asociativa. O motivo desde punto é que se considera que este blogue debería reflectir toda a vida da asociación. Para o "día a día", así como os detalles, destes grupos usarase o blogue propio de maneira habitual.

    Os blogues de programas internacionais

    • Para os blogues dos programas internacionais: pódese utilizar os informes mensuais de cada proxecto e pedir fotos ao persoal expatriado para facer alomenos unha entrada mensual de xeito sinxelo e con información de primeira man de como vai o proxecto. O pode facer calqueira dende calquer sitio (en ambos grupos hai alguén que leva comunicación-difusión, e o resto lle pode botar unha man). Para sacar entradas dos informes, pódese facer o copy-paste dende o propio informe sobre a pestaña de "edición de html" (ver imaxe debaixo)  para que non dé problemas e unha vez esté o texto que interese xa copiado na entrada , entón ir á pestaña "Redacción" e subir as fotos e engadir os enlaces (é bo usar enlaces a outras páxinas web sempre que se poida para aclarar conceptos e referirse a institucións). Usar os nomes completos ao falar de institucións, xa que fora do grupo moita xente non entendería por exemplo que é CDF (CODDEFFAGOLF, unha dos nosos socios en Honduras).

     

    blogger.jpg

    Etiquetado

    Nesta sección descríbinse cales son as etiquetas que se deben empregar no blog de vida asociativa de ESF Galicia.

    Pensar previamente as etiquetas dun blog e despois empregalas ben é moi recomendado como técnica de usabilidade, posicionamiento web, e diminución da probabilidade de que un usuario abandone o blog trala primeira páxina visitada.

    Ademáis, o bó uso das etiquetas permitirá, a posteriori, empregar o blogue como fonte de información para memorias e xustificacións.

    Como etiquetar

     

    Existen varias categorías, en cada categoría van varias etiquetas. Aquí podedes ver máis sobre criterios de etiquetado. Á hora de escribir un artigo teremos en conta esta clasificación e asignaremos ao artigo unha etiqueta de cada unha destas categorías. En ocasións non será preciso empregar todas as categorías e, en pocas ocasións teremos que empregar máis de dunha etiqueta dunha categoría.

    A forma de proceder será, polo tanto, recordar as categorías que temos e ir vindo unha a unha se temos que aplicar alguna etiqueta de esa categoría.

      No caso de dúbida, tenderase a aplicar máis etiquetas das necesarias. Si se considera que fai falta unha etiqueta que non está na lista poñédela, pero comunicalo ao responsable de comunicación/GSI [ gsi (arroba) galicia.isf.es]

    Otras dudas

    No hace falta insertar hipervínculos en el título para conseguir un enlace de la entrada que poder compartir, simplemente se debe poner el título en la parte que tiene la entrada para ponerlo (ver imagen con el lugar donde se colocan los títulos marcado en rojo)

    blog_titulo.png


    También se puede ver el enlace de la entrada dándole a VER en la lista de entradas (ver también imagen abajo rodeado de rojo; hay que poner el puntero del ratón encima de la entrada para la que se desee ver ese menú). Si no se ha puesto un título a la entrada en el apartado previsto para ello (es mejor ponerlo), el enlace tendrá el título de la primera frase de la entrada.

    blog_ver_entrada.png

    IMPORTANTE: HAI QUE PECHAR OS BLOGUES CREADOS PARA ACTIVIDADES ESPECÍFICAS OU PROGRAMAS QUE REMATAN, AVISANDO DO PECHE (TRATANDO DE FACER ALGÚN TIPO DE AVALIACIÓN) E DESPEDÍNDOSE E ENLAZANDO A OUTROS BLOGUES QUE CONTINÚEN NA LIÑA DO QUE SE PECHA, SE PROCEDE. Por exemplo no de El Salvador

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 4

    FicheiroTamañoDataAchegado por 
    100428_gsi_criterio_etiquetado_blog.odt
    Criterio etiquetado blogue
    112.08 kB13:51, 23 Dec 2011AdminAccións
     blog_titulo.png
    Non hai descrición
    173.19 kB11:24, 29 Xul 2015AdminAccións
     blog_ver_entrada.png
    Non hai descrición
    171.67 kB11:24, 29 Xul 2015AdminAccións
     blogger.jpg
    blogger_edicion_html
    50.06 kB10:39, 2 Abr 2013AdminAccións
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.