Was this page helpful?

Educación para o Desenvolvemento (EpD)

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    A EpD, xunto con Sensibilización-Incidencia Política (tamén coñecida como Campañas ou Movilización) e Programas Internacionais forman o trío de eixos de traballo de Enxeñería Sen Fronteiras. É sen dúbida o eixo con máis potencial transformador cara a unha sociedade xusta e solidaria. Nos últimos tempos ESF trata de integrar o enfoque de Educación para a Cidadanía Global (ou cosmopolita), e máis recentemente a Educación para a Emancipación no mesmo. Distínguense 2 liñas de traballo principais neste eixo:

    - Educación formal: de carácter regulado (asignaturas ou cursos con recoñecemento académico nas tres universidades galegas sobre Cooperación Internacional e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, xornadas sectoriais con recoñecemento académico como as de Auga, Soberanía Alimentaria ou as de Enerxías, etc.).

    - Educación non formal: estructurado, pero sen regulación oficial (xornadas ou charlas organizadas por ESF de distintos temas, relatorios que ESF é invitada a dar dentro de programas máis grandes, formación interna da base social, etc.). Cando son actividades organizadas por ESF é recomendable botar un ollo a esta lista de comprobación para organización e eventos. Tradicionalmente, as actividades encadradas neste bloque organizadas por ESF se enfocaron ao alunado universitario, con algunha incursión puntual á secundaria.  Dende 2015 se conta cun grupo específico de EpD no eido profesional, como xeito de procurar buscar modelos empresariais que poñan ás persoas no centro. De momento se traballou na investigación para o coñecemento deste sector empresarial (particulamente o tecnolóxico), a través de estudos que pretenden dar como resultado a proposta de campañas de educación e procesos de traballo conxunto cara outra empresa posible nun futuro próximo.

     Hai unha subliña que podería encadrarse dentro da Educación formal, pero que dada a súa importancia e identidade por si mesma pódese considerar aparte, que é a Investigación para o Desenvolvemento (IpD).

    Ademais se traballan dous programas principais que integran elementos de ambas liñas, e doutras áreas de traballo de ESF:

     

    Non se poden deixar de mencionar os espazos informais, ao que en ESF Galicia se lles chama de xeito xenérico vertebración, que son moi importantes de cara á creatividade, a creación e fortalecemento dos grupos, e ao fortalecemento das relacións sociais dentro da organización, claves en calquer iniciativa transformadora.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.