Was this page helpful?

Traballos académicamente dirixidos

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Poden ser Tesinas, Tesis Doctorais, Proxectos Fin de Carreira (PFC) ou de Master, Memorias de Prácticas ou simplemente traballos académicos de calquer tipo. Hai como dúas condicións para que alguén poida abordar algún destes traballos vinculados a actividades de ESF:

    - Primeiro, que a persoa que o vaia realizar se integre no grupo de voluntariado do que dependa o traballo, de xeito que se facilite a transmisión de información e seguemento do día a día do traballo académico. O propio grupo terá que primeiramente aceptar o que ese PFC se desenvolva como unha actividade máis do propio grupo.

    - Ademais, a persoa que o realice ten que ter un titor académico (pertencente á institución académica onde ten que presentarse) segundo as normas internas do seu centro, e unha ou máis persoas de ESF Galicia que tamén titorice e faga seguemento das persoas que realizan o traballo (neste caso soe ser o propio grupo no que se integra, aínda que é preferible que o grupo designe a unha-dúas persoas concretas).

    Xa hai bastante experiencia neste eido, con proxectos e traballos presentados nas tres universidades galegas que se poden descargar da web. Ademais ESF valora o vencello entre este tipo de traballos e a participación nos Programas de Coñecemento da Realidade (de feito, á hora de facer a selección de candidatas para PCR, valórase que se vaian desenvolver traballos académicos como parte do PCR solicitado, así como formar parte dun grupo de traballo de ESF).

    Estase tratando de que dende os grupos de traballo se xeneren periódicamente propostas deste tipo de traballos para ofrecer ás persoas que estén interesadas (por exemplo, dende os grupos de PICD, o responsable de EpD do grupo).

    Hai recursos e documentos de referencia para a realización deste tipo de traballos:

    - Unha web específica para poñer en contacto estudantes que desexan facer proxectos fin de carreira no eido da cooperación con ONG ou profesores que os titoricen, onde se pode consultar ademais unha completa Guía de PFC de cooperación.

    - O libro Proyectos Fin de Carrera en cooperación para el desarrollo, que recolle os diversos traballos presentados nas Jornadas sobre Proyectos Fin de Carrera en cooperación para el desarrollo, celebradas os días 10 e 11 de xuño de 2009, na ETSI de Minas da Universidad Politécnica de Madrid (UPM).

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.