Was this page helpful?

Programa de Coñecemento da Realidade (PCR)

Tabla de contidos
Non hai encabezados

O PCR inclúese dentro das actividades de Educación para o Desenvolvemento Humano que ESF Galicia leva a cabo, xa que se entende como un programa de formación específica de voluntarios no coñecemento da realidade concreta dos países nos que a organización traballa, co fin de fortalecer o pensamento crítico do voluntario e a súa capacidade e criterios de actuación. Trátase dunha figura ideada por Enxeñería Sen Fronteiras, da que se conseguiu que se foran apropiando diversas institucións como universidades, mesmo con convocatorias específicas de axudas para a etapa da estancia do PCR (por exemplo na Universidade de A Coruña dende 2004 ou na Universidade de Santiago dende 2011). Nesta ficha podes coñecer algo máis do programa.

As prazas do PCR están abertas a toda a poboación interesada en coñecer realidades de países en vías de desenvolvemento nos que traballe ESF Galicia, ou do traballo en rede nos sectores de interese para ESF. Debido á natureza formativa do PCR e a nosa vinculación coa Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, hai unha tendencia a que estes voluntarios sexan estudantes universitarios e que poidan vincular os seus estudos (a través de tesinas de investigación ou proxectos fin de carreira) coa experiencia do traballo que realizarán no país do sur, sen que isto sexa en absoluto un requisito necesario para participar no programa.

O PCR vencéllase a programas de cooperación ao desenvolvemento nos que participe activamente ESF, ou a redes en sectores de traballo de ESF. Non se expoñen como experiencias illadas, senón dentro dun programa educativo máis amplo, destinado a potenciar a aprendizaxe e a desenvolver capacidades, tanto técnicas como sociais, para participar activamente no reto de construír unha sociedade máis xusta e solidaria.

A participación no PCR implica, como unha compoñente máis do mesmo (pero non a única), a realización dunha estancia nun país empobrecido durante un período de tempo o suficientemente longo como para coñecer a realidade do lugar (2 meses, por norma xeral), ou a participación nun evento formativo dunha rede na que ESF ou algunha organización colaboradora de ESF participe. O voluntario colabora co seu traballo nunha serie de actividades que ESF definiu previamente, xa sexa nos seus proxectos cos seus socios locais, con outras institucións coas que ESF ten convenios, etc. Pero non é esta a única compoñente do programa, que como todo programa consta dunha serie de etapas nas que hai que realizar distintas actividades dende o punto de vista da organización:

1) Planificación das prazas do PCR

2) Formulación

3) Difusión anual do PCR

4) Selección de candidatos

5) Formación previa e pasos previos á estancia

6) Estancia e informe

7) Actividades post-estancia

8) Avaliación

 

Obxectivos

 

O PCR exponse como unha ferramenta do proceso que é a Educación para o Desenvolvemento, coa que se busca que o partipante asimile unha realidade diferente e enfronte directamente cos problemas do subdesenvolvemento, que sexa consciente das desigualdades entre os países do Norte e os do Sur e comece a intuír as súas causas, e ofrecerlle a oportunidade de colaborar desde a experiencia no terreo en calquera das nosas actividades ou outras relacionadas co noso ámbito de traballo, co impulso á asociación que iso supón, abrigo na contribución á xeneración de reflexión e coñecemento das causas da desigualdade á súa volta.

A filosofía do PCR, baséase en ofrecer aos participantes a posibilidade de coñecer a realidade do Sur, buscando un forte compromiso da persoa voluntaria, e que este transmita non só á asociación senón a toda a súa contorna o que aprendeu durante a súa estancia. En ningún momento a persoa voluntaria asumirá accións críticas para o desenvolvemento de proxectos internacionais, a diferencia das visitas técnicas ao terreo. As visitas técnicas ao terreo correspóndense con necesidades específicas do proxecto que o mesmo proxecto debe cubrir, non con PCR´s (porque o obxectivo último destes non é satisfacer as necesidades do proxecto), senón con persoal especialmente capacitado. As viaxes de identificación, de seguimento, de avaliación, asesorías técnicos, etc, incluiríanse dentro deste apartado. Corresponde ao grupo de proxectos en cuestión, tanto a selección das persoas como a da procura de financiamento específico a cargo do proxecto para devandita viaxe.

Isto tradúcese en que a persoa voluntaria realizará unha serie de actividades de sensibilización á súa volta, ademais de colaborar activamente nas tarefas que a asociación lle solicite previamente e que quedarán formalizadas no compromiso que ESF Galicia e a persoa seleccionada asinarán (ver Modelo). A asociación apoia este compromiso evitando que o voluntario realice o gran esforzo económico que supón unha viaxe destas características.

ESF considera ademais que o PCR teñen unha grandísima importancia para a asociación. Trabállase de maneira moi diferente cando se estivo no Sur. Os partipantes no PCR constitúen un motor para ESF. As actividades de incidencia adquiren consistencia se os voluntarios pisaron o terreo.

O PCR é un programa desenvolvido e xestionado por ESF. Será ESF quen oferte as prazas e quen as financie ou apoie a busca de financiación. A asociación garantirá mediante fondos propios unhas prazas mínimas anuais, que se poderán ampliar en caso de conseguir financiamento externo. Nese caso serán os grupos os encargados de buscar e xestionar devandito financiamento.

 

Condicións e criterios de selección xerais

 

A continuación enuméranse os requisitos indispensables para participar:

  • Estancia mínima de 2 meses (excepto lugares excepcionais pola súa extrema dureza onde o tempo podería ser menor).

  • Compromiso de colaboración activa coa asociación durante 1 ano posterior á estancia.

  • Ser socio no momento de iniciar a estancia.

 

A continuación enuméranse os aspectos que se valorarán para a elección das persoas que se presenten á convocatoria de prazas para o PCR:

  • Experiencia, especial sensibilización e motivación en temas relacionados coa cooperación internacional.

  • Valorarase especialmente o coñecemento da filosofía de ESF e a vinculación á asociación.

  • Perfil adecuado á praza en cuestión, definido polo grupo.

  • Capacidade de traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais e capacidade de convivencia e de adaptación en realidades diferentes.

  • Realización de traballo académico vinculado á estancia.

 

Compromisos da persona

  • Firma con ESF do compromiso de PCR antes da estancia, no que se detallarán todas as condicións da mesma.

  • Colaboración con ESF na presentación da súa praza a financiación a posibles financiadores se fora necesario.

  • Compromiso de realizar as actividades propostas na estancia.

  • Disponibilidade para a formación previa.

  • Compromiso de permanencia na asociación polo menos un ano, traballando no grupo vinculado á actividade no que desenvolveu a estancia, e nas actividades de sensibilización propostas relacionadas coa mesma como charlas en cursos de ESF, artigos de difusión, nas universidades, entrevistas, etc.

  • Facerse cargo dos gastos de manutención na súa estancia en terreo.

  • Elaboración dun informe final da experiencia, e informes periódicos das actividades na súa estancia nun plazo máximo de un mes tras la vuelta del PCR (por exemplo a través de ferramentas de bitácora).

 

Compromisos ESF:

  • Impartir a formación precisa para os traballos a realizar.

  • Facerse cargo dos gastos da viaxe e o aloxamento do voluntario, así coma dun seguro médico que o cubra durante a súa estancia en terreo.

  • Dotar de los medios necesarios para el desarrollo de sus actividades desde la selección hasta que se haya cumplido la colaboración en el programa.

  • Dentro das posibilidades de ESF, propoñer temas ou facilitar a elaboración de tesinas ou proxectos fin de carreira vinculados á estancia.

  • Cada grupo debe estimar los gastos de forma justa y responsable que la persona debe asumir en la estancia en terreno y comunicárselo a la persona en el proceso de selección

  • Velar por una financiación transparente garantizando la justificación de todos los gastos.

Todos estes criterios e condicións figurarán na convocatoria anual de PCR.

 

Aínda que dependente da área de traballo de Educación para o Desenvolvemento, dado o caracter transversal do programa, decidiuse formar unha Comisión de PCR, constituída na Asemblea de Socios de 15 de Novembro de 2006 , que será a encargada de realizar durante todo o ano, as actividades de planificación, coordinación, seguimento e avaliación do Programa de Coñecemento da Realidade de ESF.

 

Recoñecementos externos á formación

Hai xeitos de obter recoñecemento pola participación no programa, como o certificado de actividades de educación informal da Xunta de Galicia, para menores de 30 anoshttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150325/AnuncioCA05-020315-0001_gl.html

Was this page helpful?
Etiquetas (Edit tags)

Arquivos 0

 
Debe inicie sesión para enviar un comentario.