Was this page helpful?

Programas Internacionais de Cooperación ao Desenvolvemento

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Programas Internacionais de Cooperacion ao Desenvolvemento (PICD). Xunto coa Educación para o Desenvolvemento, Incidencia Política e a Sensibilización, forman as liñas de traballo de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Para ESF Galicia, os PCID non teñen sentido por si mesmos, na medida de que non deben limitarse a facilitar o desenvolvemento das persoas beneficiarias no país de traballo, senon que teñen a función se cabe aínda máis importante de coñecemento das causas profundas dos problemas e a súa denuncia como parte da solución (xa que na maioría dos casos estes problemas veñen causados pola situación de desequilibrio e inxustiza iniciada e mantida por malas prácticas no noso propio entorno en Galicia, España e a UE). Trátase de acadar tamén unha globalización da sociedade civil (ou o que xa se chamou "sociedade civil multinacional").

    Actualmente existen en ESF Galicia dous grupos de traballo de PICD:

    - un no sector de Acceso a Auga Potable e Saneamento , cun programa aberto en Honduras, do cal pódese seguir o desenvolvemento aquí, así como os programas xa rematados en El Salvador e os Campamentos dos Refuxiados no Sahara arxelino.

    - outro no ámbito do Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria, cun programa aberto en Honduras, do cal pódese seguir o desenvolvemento aquí e o programa que se rematou en Nicaragua pódese coñecer aquí.

    Como xa dende 2011 no eido internacional empezouse a traballar unicamente en Honduras, con diversos socios locais e nos dous sectores xa mencionados (auga e desenvolvemento rural/soberanía alimentaria), considerouse importante contar cun Plan País Honduras para 2013-2017 onde no seu anexo 1 se concretan os eixos estratéxicos e modos de traballo no país (na liña da Planificación Estratéxica da asociación aprobada en novembro de 2012). Tamén se conta cun protocolo de seguridade-país.

    Por outra banda, no Manual de PICD, pódense ver os principios e eixos que deben estar presentes no traballo de ESF nos PICD, así como os Anexos 1 e 2 ao mesmo, que detallan o protocolo de desenvolvemento do ciclo dos mesmos. Tomamos unha división por etapas do ciclo de proxectos bastante común en cooperación ao desenvolvemento:

    1) Programación

    2) Identificación

    3) Deseño/Formulación

    4) Execución/Seguemento

    5) Avaliación/Peche

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 6

    FicheiroTamañoDataAchegado por 
     091117_Ciclo_proyectos_AprobadoAsemblea.pdf
    Ciclo dos PICD de ESF detallado
    63.91 kB16:03, 9 Xun 2011AdminAccións
     091117_MANUAL_GESTION_PICD_AprobadoAsamblea.pdf
    Manual de PICD
    232.98 kB16:03, 9 Xun 2011AdminAccións
     091117ciclo_proxectos_AprobadoAsamblea.pdf
    Diagrama de fluxo do ciclo de PICD
    103.51 kB16:03, 9 Xun 2011AdminAccións
     Anexo_1_matriz_estratexica_PlanPais_Honduras.pdf
    Anexo 1 do Plan País Honduras. Matriz estratéxica
    108 kB18:56, 24 Feb 2013AdminAccións
     Plan Estrategico_Pais_Honduras_borrador_para_aprobacion_en_Asemblea.pdf
    Memoria do Plan País Honduras 2013-17
    192.73 kB18:56, 24 Feb 2013AdminAccións
     PROTOCOLO SEGURIDAD_2013.odt
    protocolo de seguridade Honduras
    53.47 kB19:19, 26 Abr 2013AdminAccións
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.