Was this page helpful?

Xénero

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    ESF comeza o traballo no eido de xénero de xeito formal en 2012, coa inclusión dunha liña específica de traballo na planificación estratéxica 2013-2017 acompañado dalgunhas actividades formativas á base social en Galicia ao longo dese ano como Teatro Social ou o obradoiro na Xuntanza  (que xa viñan integrándose dende había dous anos nos programas internacionais de cooperación en Honduras).

    Tras varios anos con formacións puntuais, incluso xa unhas xornadas de tecnoloxías e feminismos en 2015, ademais de continuar incluindo elementos de xénero nos programas internacionais en Honduras, en 2016 ESF estreita lazos co CEXEF, Centro de Estudos de Xénero e Eco-feminismos, da Universidade da Coruña, impulsando un proxecto en colaboración co CEXEF. Isto inclúe actividades en Galicia (diversos cursos e xornadas de formación sobre aspectos xerais do feminismo, e específicamente de tecnoloxía e feminismo), e tamén en Honduras. A partir de 2016, persoas deste centro viaxan a Honduras para coñecer como se traballa en xénero nos nosos proxectos, especialmente os de auga, facendo contactos con universidades e grupos feministas hondureños para estalbecer lazos de cooperación entre eles a vista dunha posibilidade futura de cooperación, e coñecendo de fondo a situación do xénero do país.

    Tamén entre finais de 2015 e principios de 2016 xurde o grupo de xénero de ESF Galicia, un grupo de persoas que traballan neste eido dentro da asociación (evolución natural de persoas de distintos grupos de ESF que tiñan esta inquietude e viron que quizais era o momento de formar un grupo específico).

    No 2º programa internacional de Dereito Humano á Auga no Golfo de Fonseca en Honduras que comeza en 2014 (o primeiro fora de 2007 a 2013 e xa se empezara tímidamente a incluir este elemento de xénero), vai xa unha compoñente importante en tema de xénero. Algunhas das actividades máis salientables nesta liña son:

    Na fase2: capacitouse a AHJASA (asociación juntas de auga), e fíxose unha diagnose de cada municipio (8), sobre a situación de xénero nos concellos.

    Na fase 3: para este ano e o que vén: Ahjasa formará a técnicos comunitarios para que eles/as poidan formar ás xuntas de auga, imprimiranse folletos para repartir sensibilizando nesta cuestión, e o ano que vén farase a Estratexia de xénero de Ahjasa. Na Nasmar (o outro socio local neste programa, que é unha mancomunidade de 7 municipios que contan cunha oficina técnica compartida), darase formación aos/ás técnicos/as dos concellos, formarase sobre como facer presupostos municipais con sensibilidade ao xénero, e farase un sistema de monitoreo na cuestión de xénero nos concellos.

    No programa internacional de desenvolvemento rural e pesqueiro no Golfo de Fonseca en Honduras, que comeza en 2010, hai formacións específicas aos grupos de traballo no eido de novas masculinidades e feminismo (sobre todo a partir de 2012) e, a partir de 2014, empoderamento específico a grupos de mulleres productoras,  e fortalecemento da organización socia de ESF neste programa, CODDEFFAGOLF.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)
    • No tags

    Arquivos 1

    FicheiroTamañoDataAchegado por 
    Cuestionario inscrición.odt
    Cuestionario incricion Teatro Social Xenero
    14.31 kB09:12, 4 Dec 2012AdminAccións
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.