Was this page helpful?

Voluntariado-base social

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Benvido a voluntariado-base social. A base social de ESF Galicia está formada por persoas voluntarias (aportan o seu tempo para desenvolver as actividades nos grupos de traballo e sobre todo compartir coñecementos e actitudes, protagonizando , persoas socias (que pagan unha cuota periódica á asociación e teñen dereito a voto na Asemblea Xeral da asociación) e persoal remunerado. Ademais, as persoas da base social pode ser unha combinación calquera das tres figuras.

    Aquí podes ver o noso Manual de Voluntariado. Nel explícase toda a nosa filosofía de como é para nos o voluntariado e os diversos procedementos. Ademais, dende 2013, ESF ten un posicionamento específico en voluntariado. En 2017 publicamos ademais a Guía de voluntariado transformador en ONG de desenvolvemento (temos versión en galego e castelán).

    Se eres persoa responsable de voluntariado en sede ou en grupo (en cada sede, e tamén en cada grupo, debería haber unha persoa de referencia de seguemento ao voluntariado, p.e. no de PICD está entre as distintas funcións), non esquezas revisar as túas funcións (unha delas é a de realizar as acollidas, este guión pódeche axudar). O mesmo se ocupas a Vogalía de Voluntariado da Xunta Directiva.

    É importante que as persoas voluntarias cumplimenten a principio de cada ano o seu Compromiso de Voluntariado (aquí está en editable e aquí en pdf), queden cunha copia e a outra a fagan chegar a través das persoas responsables de sede á oficina de A Coruña, onde se gardan os orixinais.
    Ademais, unha parte importante do traballo do grupo de voluntariado é actuar como comisión de formación, regulando entre outras cousas a formación da base social da asociación, o que inclúe organizar a formación xeneral das persoas participantes no Programa de Coñecemento da Realidade (e velar por que os grupos aos que pertencen estas persoas impartan a formación específica necesaria).

    Se eres NOVA PERSOA VOLUNTARIA pulsa aquí.

     

    Formación

    Eventos organizados por ESF que poden servir de Formación:

    - Asignatura de ICD (Coruña)

    - Cursos TCpDH (Compostela e Lugo)

    - Curso ... (Vigo)

    Formacións internas ás que tes dereito por ser persoa socia ou voluntaria

    - Formación en Xuntanzas

    - Formación Xeral PCR

    - Matrículas Cursos

    Itinerario Formativo. Proposta de itinerarios temáticos e por nivel de formación vía internet, que iremos propoñendo en breve. De momento, os compañeiros de Ingeniería Sin Fronteras Valencia fan algunhas propostas para profundizar na formación.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 10

    FicheiroTamañoDataAchegado por 
     00_guia_voluntariado_CAST_interact.pdf
    Guia voluntariado transformador ONGD castellano
    1654.8 kB20:53, 17 Mar 2017AdminAccións
     00_guia_voluntariado_GAL_interacpdf.pdf
    Guia voluntariado transformador ONGD galego
    1598.58 kB20:53, 17 Mar 2017AdminAccións
    2017_CompromisoVoluntariado_ESF.odt
    Compromiso de voluntariado en editable
    140.65 kB09:53, 26 Abr 2017AdminAccións
    2017_CompromisoVoluntariado_ESF.pdf
    Compromiso de voluntariado en pdf
    168.39 kB09:54, 26 Abr 2017AdminAccións
     Acollidas.pdf
    guión para acollidas de voluntariado
    55.99 kB20:52, 13 Mai 2013AdminAccións
     Manual_voluntariado_v14.pdf
    Manual de Voluntariado
    686.36 kB16:50, 9 Xun 2011AdminAccións
     Posicionamento_Voluntariado_v5.odt
    Posicionamento voluntariado editable en galego
    72.96 kB16:07, 12 Xun 2016AdminAccións
     Posicionamento_Voluntariado_v5.pdf
    Posicionamento en voluntariado
    40.63 kB11:28, 14 Mai 2013AdminAccións
     Posicionamiento_Voluntariado_ISFGalicia_cast.odt
    Posicionamiento voluntariado editable en castellano
    137.42 kB16:07, 12 Xun 2016AdminAccións
     Posicionamiento_Voluntariado_ISFGalicia_cast.pdf
    Posicionamiento voluntariado pdf en castellano
    64.5 kB16:07, 12 Xun 2016AdminAccións
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.