Was this page helpful?

DINÁMICA SOBRE XUNTA DIRECTIVA DE ESF

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Resumo da dinámica:

    Trátase, en parte, dun xogo de rol no que cada persoa participante debe asumir o papel dun dos compoñentes de Xunta Directiva. Non colleríamos todos os cargos debido a que funcionaría mellor en grupos pequenos de entre 4 e 6 persoas.

    Para comezar a organizar a dinámica teríamos que coller distintos cargos de XD e desglosar as funcións tentando asignar tarefas que teñan que ver e que se podan facer durante a Xuntanza. Isto aproveitaríase para mellorar a organización da mesma, debido ao reparto de tarefas.

    Obxectivos:

    Transmitir dunha forma divertida o labor de cada un dos compoñentes da Xunta Directiva.

    Tentar romper o medo de formar parte dela.

    Fomentar o traballo grupal, a división de tarefas e o traballo cooperativo.

    Organizarnos dunha forma equilibrada para conseguir facer máis efectiva a loxística da Xuntanza.

    Duración:

    Opción 1: Comezaríamos venres á noite despois de cear para aproveitar a dinámica na organización dos almorzos, cartos nas comidas e puntualidade na asistencia ás actividades. Esta opción é viable no caso de que haxa pouca diferencia entre a xente ca que contaríamos venres a noite á que teríamos sábado durante todo o día. Remataríamos sábado á noite e expoñeríamos as conclusións e as opinións persoais dos participantes.

    Opción 2: Comezaríamos sábado á mañá para levar a cabo a dinámica durante todo o día. A noite expoñeríamos as conclusións e contaríamonos entre todos as nosas opinións.

    Podemos valorar cal das dúas opcións tomar o mesmo venres a noite.

    Roles:

    Nun principio en XD contamos cos seguintes cargos: Presidenta, vicepresidenta, secretaria, tesoureira, vogalía de accións nacionais, vogalía de voluntariado, vogalía de proxectos internacionais de cooperación, vogaía de comunicación.

    Como os grupos deben ser pequenos teríamos que facer unha pequena criba de compoñentes.

    No noso xogo os labores dos distintos cargos serían:

    Presidenta:

    Funcións reais:

    ·       Representa legalmente á asociación.

    ·       Convoca e preside tanto as Xuntas Directivas como as Asambleas Xerais

    ·       Responsabilizase de todas as entradas e saídas monetarias

    ·       Coordina as actividades descoordinadas pero necesarias

    Funcións na dinámica:

    Sería a encargada de coordinar. O seu labor é facer que todos os membros do grupo sepan cales son as súas labores i encargarse de que as leven a cabo.

    Secretaria:

    Funcións reais:

    ·         Toma as actas das Xuntas Directivas e das Asembleas Xerais

    ·         Custodia estas actas co apoio de secretaría técnica.

    ·         Expide certificados dos acordos tomados nestas reunións co apoio de secretaría técnica.

    ·         Lleva un listado das resolucións que se van aprobando en Asembleas Xenerais (incluidas as ratificadas de Xunta Directiva).

    ·         Expide calquera tipo de certificado para personas socias ou voluntarias, ou otros que se requiran legalmente para presentarse a subvencións públicas ou outros procedementos.

    Funcións na dinámica:

    Neste caso propúxose que fose a encargada das chaves, no caso de que se fixesen os grupos por pisos. Deste modo cando unha persoa que vaia durmir nese piso queira marchar para casa tería que falar e negociar con ela. Esta función intentariaselle asignar a aqueles que tivesen piso dispoñible para acoller xente. Pódese prescindir deste cargo nalgúns grupos.

    Tesoureira:

    Funcións reais:

    ·         Control de toda a información económica da asociación.

    ·         Control de Liquidez, Seguemento Orzamentario e movementos dinerarios da asociación. (Apoiándose no GAT, grupo que coordina).

    ·         Participa na Comisión de Financiación, onde ten a capacidade de decidir sobre a aplicación dos orzamentos até un límite que se establecerá periódicamente.

    Funcións na dinámica:

    É a encargada económica do grupo. O seu labor é conseguir reunir os cartos das comidas; en conclusión, levar as contas.

    Vicepresidenta:

    Funcións reais:

    En ausencia de la presidencia asume la representación legal y la presidencia de las Juntas Directivas y Asambleas Generales.

    Se encarga de la gestión financiera de la asociación y la representación en ámbitos más económicos (relaciones con empresas, bancos, etc.).

    Convoca y preside la Comisión de Financiación (CF) y las Comisiones de Financiación Privada que se crean en cada caso que hay que valorar alguna propuesta que surja de financiación privada (CFP)

    Coordina las formulaciones genéricas de la asociación (como fortalecimiento).

    Funcións na dinámica:

    Para a vicepresidencia non se nos ocurriron funcións aplicables. Ideas? O cargo de tesourería poderíase intercambiar co de vicepresidencia no xogo se se ve conveniente.

    VOGALIAS

    Vogalía de comunicación:

    Funcións na dinámica:

    O seu obxectivo sería twittear e ampliar a comunicación co resto dos grupos. Así como tamén comunicar se houbese algún tipo de problema no grupo.

    Vogalía de voluntariado-base social:

    Funcións na dinámica:

    Debe facer que o resto dos seus compañeiros se sintan cómodos e integrados durante a Xuntanza.

     

    Poderíamos apliar cas dúas vogalías restantes funcións máis teóricas como por exemplo para a vogalía de EpD que se encargue de que todos os compañeiros do grupo sepan o que é ESF. Ou algo do estilo.

     

    Haberá xente que veña só para comer o sábado e á asamblea, aos que se lles dará a función de voluntario sen máis. A aqueles voluntarios que xa pertenceran a Xunta Directiva poderaselle asignar sempre a función de voluntario.


     

    Funcionamento da dinámica:

    Comezaremos repartindo funcións co número de grupo. Un papel a cada un onde poña a súa función dentro do grupo e o número do grupo ao que pertence (ou sabor ou color, ou como se queira identificar o grupo, a elección do dinamizador). Deste modo durante a noite do venres/ mañá do sábado cada persoa intentaría atopar o resto de compoñentes do seu grupo.

    Ao presidente de cada grupo (podería ser ao vicepresidente tamén) daránselle unhas pautas nuns folios para explicarlles ao resto dos seus compañeiros a dinámica (funcións que desempeñan dentro do grupo etc).

    A actividade prorrogaríase no tempo ata a noite do sábado, cando poñeríamos en común as opinións sobre esta dos diferentes grupos e expoñeríamos as conclusións.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.