Was this page helpful?

Dinámica O cantil da incomunicación

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

     

    TIPOLOXÍA: Participativa.

    MATERIAL NECESARIO:

    Un número par de persoas (mínimo 4 e máximo 20), un espazo grande e despexado para realizala.

    DURACIÓN : 15-20 min

    DESCRIPCIÓN DA METODOLOXÍA:

    As persoas participantes deben colocarse en círculo, procurando ter a alguén xusto enfrente. Faise en dous pasos:

    1) O animador conta aos participantes que deben imaxinar que entre cada un deles e a persoa que está enfrente hay un caminiño estreito polo que apenas cabe unha persoa, e precipicio a ambos lados. Deben tratar de cruzar todos e ocupar o lugar da persoa que teñen á súa fronte cando el de o sinal (posiblemente moitos pasen rápidamente e se deixen pasar un a outro os que comparten camiño, e pode que se atopen moitos no centro formándose unha pequena confusión, pero a priori deberían pasar sen maiores problemas).

    2) Hai unha persoa no centro do círculo (que pode ser o propio animador, ou outra persoa aleccionada previamente). Repítese o do punto 1. Neste caso cando os participantes cheguen ao centro e queran pasar, a persoa que está no centro lles mirará como sorprendido e confuso. Se insisten e tratan de pasar a persoa lles mirará extranados, pero non se apartará. Se lle siguen falando, non lles entenderá. Mesmo pode darse o caso de que algún dos participantes trate de pasar á forza, co que a persoa resistirase, ou trate de saltalo, ante a confusión da persoa do centro. Resulta ser que o problema é que esta persoa que está no centro non entende o seu idioma (ou é sorda), e se non tratan de comunicarse por sinais para que lles deixe pasar, será moito máis complicado.

    A moralexa é tratar de entender ás outras persoas, ir sempre coa mentalidade aberta.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.