Was this page helpful?

Dinámica Xénero e terra, xogo de rol

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

     

    TIPOLOXÍA: XOGO DE ROL

    MATERIAL NECESARIO: POLO MENOS DÚAS ZONAS DE TRABALLO OU AULAS SEPARADAS.

    DURACIÓN : MÍNIMO 40 MINUTOS

    DESCRIPCIÓN DA METODOLOXÍA: A típica dun xogo de rol, por grupos, deben desenvolver o seu rol segundo a información para cada un dos grupos. Os facilitadores do xogo coñecen tamén a parte de antecedentes. É aconsellable que o papel de homes da comunidade o fagan mulleres, e viceversa. O papel de Petrona sería bo que o fixera un home. Os consultores deberían ser 3-4 persoas, homes e mulleres (pero tamén co xénero cambiado).

     

    1. ANTECEDENTES

    Trátase dun proxecto para reparto de terras dun antigo terratenente que tiña xornaleiros ós que lles cederon apenas o solar para as súas humildes casas e pequenos hortos. O proxecto formulouse hai ano e medio, con algunha reunión coa xente informando do mesmo, e non é ata agora que comeza. Quérese facer previamente unha liña de base para determinar ben o punto de partida, posibles impactos non previstos e axustes na formulación, para o cal mándase un equipo de persoas que poden ser consultores externos ó proxecto, ou contratados da propia axencia do Norte, ou da ONG do sur que executará, ou unha mezcla.

     

    Inicialmente preveuse a entrega dunha cantidade de terra similar a cada familia para evitar desequilibrios e problemas, a cada familia 10 manzanas (1 manzana aproximadamente 0,75 ha). A terra íase poñer a nome dos homes, cabezas de familia recoñecidos tradicionalmente. Isto díxose nunha reunión coa poboación interesada no proxecto, á que foron todo homes menos o caso dunha muller que vivía soa cos seus fillos tras abandonar o marido a casa familiar (a muller tiña triple rol, pero o control dos recursos que gañaba, co que ante os abusos do home fíxolle fronte e este marchou).

     

    A ley permite que se poidan poñer terras a nome de familias baixo certas condicións (xestión compartida), e mesmo ata hai pouco impedía poñer as terras a nome dunha muller soa sen a firma consentindoo do seu home. Agora iso xa é posible, pero ten un certo rexeitamento cultural.

     

    As mulleres buscan conseguir o aumento de recursos para sacar adiante a familia, especialmente os fillos e fillas (empeza a haber un certo sentimento de que as fillas deberían taméne estudiar, se ben son as primeiras en quedar na casa cando non hai recursos suficientes para todos). Os homes priorizan conseguir o control das terras para producción e sair da miseria.

     

    2. ROLES

     

    2.1. CONSULTORES

    Trátase dun proxecto para reparto de terras dun antigo terratenente que tiña xornaleiros ós que lles cederon apenas o solar para as súas humildes casas e pequenos hortos. O proxecto formulouse hai ano e medio, con algunha reunión coa xente informando do mesmo, e non é ata agora que comeza.

     

    Inicialmente preveuse a entrega dunha cantidade de terra similar a cada familia para evitar desequilibrios e problemas. A terra íase poñer a nome dos homes, cabezas de familia recoñecidos tradicionalmente. Isto díxose nunha reunión coa poboación interesada no proxecto, á que foron todo homes menos o caso dunha muller

     

    A ley permite que se poidan poñer terras a nome de familias baixo certas condicións, e mesmo ata hai pouco impedía poñer as terras a nome dunha muller soa sen a firma consentindoo do seu home. Agora iso xa é posible, pero ten un certo rexeitamento cultural.

     

    Obxectivo:quérese facer previamente unha liña de base para determinar ben o punto de partida, posibles impactos non previstos e axustes na formulación que asegure un enfoque axeitado desta actuación de desenvolvemento, para o cal mándase un equipo de persoas que poden ser consultores externos ó proxecto, ou contratados da propia axencia do Norte, ou da ONG do sur que executará, ou unha mezcla.

     

    2.2. HOMES DA COMUNIDADE INTERESADOS NO PROXECTO

    Trátase dun proxecto para reparto de terras dun antigo terratenente para o que traballabades como xornaleiros e viviades “de prestado” nas vosas humildes casas e pequenos hortos. Hai máis dun ano uns cheles viñeron falar de facer un proxecto e entregar as terras ós veciños, a cada familia 10 manzanas (1 manzana aproximadamente 0,75 ha). Á reunión foi tamén Petrona, que vive soa nunha casa cos seus fillos porque ten bastante mal xenio e o marido deixouna (andaba sempre por ahí dun lado a outro cun negocio que tiña de turismo, a saber o que faría realmente...). Provocou coas súas trangalladas a ruptura familiar.

     

    Obxectivo:conseguir o control das terras para producción e sair da miseria, sen ter que traballar 11 horas ó día para outra persoa gañando un mísero xornal que non permite desenvolverse.

     

     

    2.3. MULLERES DA COMUNIDADE INTERESADOS NO PROXECTO

    Trátase dun proxecto para reparto de terras dun antigo terratenente para o que os vosos maridos traballaban como xornaleiros e viviades “de prestado” nas vosas humildes casas e pequenos hortos (que vos mesmas traballades no pouco tempo que vos queda tras facer as cousas da casa, coidar os fillos e facer algúns traballos comunitarios). Hai máis dun ano uns cheles viñeron falar de facer un proxecto e entregar as terras ós veciños, a cada familia 10 manzanas (1 manzana aproximadamente 0,75 ha). Á reunión foi tamén Petrona, que vive soa nunha casa cos seus fillos porque seu marido lle pegaba e andaba tomado cada pouco, ela non podía marchar polos seus fillos, pero logo contactou cunha rede de turismo comunitario e lle deron formación nuns talleres na cidade, chegaban de vez en cando a súa casa cheles que deixaban algo de diñeiro, empezou a vender por ela mesma algúns dos productos do seu horto, e ó final botou ó seu home da casa. Realmente foi moi forte ó principio, pero tivo moitas agallas ó facelo e seguir adiante cos seus fillos, e a final tédesla apoiado bastante (moitas veces sen que o souberan os vosos maridos).

     

    Obxectivo:conseguir o aumento de recursos para sacar adiante a familia, especialmente os fillos e fillas (empeza a haber un certo sentimento de que as fillas deberían tamén estudiar, se ben son as primeiras en quedar na casa cando non hai recursos suficientes para todos).

     

     

    2.4. PETRONA

    Trátase dun proxecto para reparto de terras dun antigo terratenente para o que traballabades como xornaleiros e viviades “de prestado” nas vosas humildes casas e pequenos hortos. Hai máis dun ano uns cheles viñeron falar de facer un proxecto e entregar as terras ós veciños, a cada familia 10 manzanas (1 manzana aproximadamente 0,75 ha). Á reunión foches tí tamén como única muller, xa que vives soa nunha casa cos teus fillos porque teu marido andaba tomado cada pouco e che mallaba, e non podías marchar polos teus fillos. Pero logo contactaches cunha rede de turismo comunitario e che deron formación nuns talleres na cidade, chegaban de vez en cando a túa casa cheles que deixaban algo de diñeiro, empezaches a vender por tí mesma algúns dos productos do horto que tí traballabas e a teñer algo de diñeiro, e un día falaches co teu home de que preferías ter un home contigo porque sería bo para os teus fillos, pero que as cousas ían cambiar porque tí xa non lle necesitabas para desenvolverte. No pobo acusáronche ó principio de ruptura familiar, e despois foronche deixando en paz (mesmo cónstache que algunhas mulleres admírante, e apoiáronte nalgunha situación comprometida que se presentou). O teu home ven ás veces á casa e a súa actitude cambiou, se ben non queda nunca moito tempo (pensas que aínda non o asumiu de todo, sobre todo polo que os outros homes din), e aceptou que foras tí as reunións da legalización das terras.

     

    Obxectivo: conseguir o aumento de recursos para sacar adiante a familia e desenvolverte como persoa, con liberdade e capacidade para tomar decisións familiares ó mesmo nivel que o teu home.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.