Was this page helpful?

Dinámica da sustentabilidade

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

     

    TEMA: Sustentabilidade, Ambiente, Auga, Xestión de Recursos Naturais

    MATERIAL NECESARIO: 30 noces ou obxectos de tamaño similar. Un recipiente onde se poidan poñer.

    DURACIÓN : mínimo 10 minutos.

    DESCRIPCIÓN DA METODOLOXÍA:

    Colócanse 20 obxectos no recipiente. Durante 20 segundos cada participante (preferiblemente 3-10 persoas) debe coller obxectos do recipiente, de un en un, e levalos ó “refuxio” do participante (que pode ser o seu sitio no aula), para volver coller máis o antes posible. Se despois deses 20 segundos aínda quedan obxectos no recipiente, duplicarase o seu número, e comeza un segundo turno de 20 segundos, e así sucesivamente. O obxectivo de cada participante é conseguir o maior número de obxectos posible.

    O obxectivo docente é explicar de xeito sinxelo o concepto de sostenibilidade na explotación dos recursos.

     

    Pódese facer unha variante cun gran balde de auga, e usar xarras ou vasos para ir levando auga cada un para a súa “familia” e ir enchendo o seu propio balde (vendo tamén as perdas que hai no camiño...).

    Cunha pouca máis de complicación, pode asignarse vasos ou xarras de distinto tamaño segundo o país de donde sexa cada participante, de xeito que se reflicta o distinto acceso ao recurso.

    E cun punto máis de complicación, pódese “duplicar” o número de xarras ou de poboación en cada xeneración, para ver como aínda a presión sobre os recursos aumenta máis.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.