Was this page helpful?

Dinámica de espazos de comodidade

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

     

    DINÁMICA: ESPAZOS/ZONAS DE COMODIDADE (adaptado de César García-Rincón).

    TIPOLOXÍA: Interpretación.

    MATERIAL NECESARIO:

    Cinta aislante visible (branca, se pode ser), un coitelo ou tixeiras para cortala. Unha silla, butaca ou sillón.

    DURACIÓN : 15-20 min

    DESCRIPCIÓN DA METODOLOXÍA:

    O animador aparece sentado nunha silla con actitude de comodidade (arrepanchingado) (aquí hay también un pequeño vídeo). Esta silla está rodeada por un cuadrado de cinta aislante duns 3x3 metros pegada no chan. O animador conta ao público como se atopa no seu espazo, onde síntese cómodo na súa vida, sen preocuparse moito do que pasa fora de ahí. Nisto un día entérase, polo periódico, pola tele, por un panfleto que entra no seu “espazo de comodidade”, dalgunha realidade social incómoda que o fai sair do seu espazo e entrar noutro espazo a colaborar como voluntario dunha ONG, espazo este último que o animador constrúe nese momento coa cinta aislante (e que será só de 1x1 metros aproximadamente, reflectindo que é máis pequeno, que ahí vai estar moi de vez en cuando). Entón volve ao seu espazo de comodidade, e cando lle peta sae del e vai ao outro espazo, que non é tan cómodo... Aínda así, naturalmente, pasa moito máis tempo no espazo de comodidade grande, sentado na silla (pódese acompañar coa canción Tranquilo Majete, de Celtas Cortos, se é que a SGAE non están entre o público...).

    Pouco despois oe falar do consumo responsable e o comercio xusto, buff, outra cousa coa que hai que sair do espazo de comodidade (e facer outro máis de 1x1 metros coa cinta aislante). Agora, entre o voluntariado e o do comercio xusto, xa pasa algo máis tempo fora do espazo de comodidade...pero segue sendo ahí onde pasa a maior parte do seu tempo. O seguinte en chegar é o tema de denuncia a abusos de determinadas empresas en España por motivo dunha factura de luz ou teléfono, o que lle cheva a enterarse dos que fan tamén en outros países, co que empeza a escreber nun foro de consumidores, outro pequeno espazo... E así ata que chega un momento que arrinca as cintas aislantes do chao e todo o espazo pasa a ser un, incorporando todos eses elementos a súa vida como parte integrande dela...

    Sintetiza moi ben o proceso de cambio persoal-cambio social, que comeza por pequenas cousas cercanas.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.