Was this page helpful?

Glosario

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Aquí podedes atopar algunhas definicións básicas dos conceptos máis importantes que se manexan na organización.

     

    ANEXO: trátase dun documento que detalla ou complementa a información achegada polo documento principal ou memoria.

     

    ASISTENCIAS TÉCNICAS INTERNACIONAIS: trátase de proxectos que se realizan noutros países con participación de ESF Galicia no eido técnico nalgunha das etapas dos mesmos, para lograr unha serie de obxectivos de desenvolvemento definidos e medibles.

     

    CICLO DOS PROXECTOS: trátase dunha abstracción que pretende explicar as diferentes etapas que atravesan os proxectos dende o seu inicio ao seu remate, e que segundo o Project Management Institut pódense dividir en: Inicio, Programación-Planificación, Execución, Control e Peche, o que na metodoloxía do Marco Lóxico e outras empregadas tradicionalmente en cooperación para o desenvolvemento deron lugar a: Programación, Identificación, Deseño-Formulación, Execución e Seguemento, Avaliación e Peche. Esta última será na que se basee o presente manual.

      

    COPARTE: tamén coñecido como socio local. Son entidades con presenza no terreo onde se executan os proxectos, e que son as encargadas de realizar a execución real co apoio de ESF Galicia. Poden ser ONGs, institucións públicas de calqueira tipo, agrupacións de base, universidades, etc.

     

     EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO (EpD): proceso educativo constante que favorece a comprensión sobre as interrelacións económicas, políticas, sociais e culturais entre Norte e Sur, que promove valores e actitudes relacionados coa solidariedade e a xustiza social e busca vías de acción para alcanzar un desenvolvemento humano e sostible. Parte dunha análise en profundidade, que cuestiona o modelo de desenvolvemento e promove accións para o cambio a nivel global e local a medio e largo prazo

     

    INCIDENCIA: conxunto de accións encamiñadas a influír nas decisións políticas que se adoptan no Norte e que afectan aos países do Sur. O público obxectivo está ben definido, e a súa implantación propón alternativas de acción esperando que sexan efectivas a corto - medio prazo.

     

    INVESTIGACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO (IpD): estudio e análise, desde unha dimensión Sur-Norte, das tecnoloxías nas súas diferentes propostas e modelos para promover o desenvolvemento humano sostible.

      

    PROXECTO: conxunto de actividades interrelacionadas para ser levadas a cabo baixo unha xerencia unificada, a fin de lograr un obxectivo específico de relevancia, nun prazo previamente establecido e mediante a utilización de recursos predeterminados.

     

    PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (PICD): trátase de proxectos que se realizan noutros países con participación de ESF Galicia en tódolas etapas dos mesmos, para lograr unha serie de obxectivos de desenvolvemento definidos e medible

     

    SENSIBILIZACIÓN: proceso divulgativo e informativo puntual que alerta sobre situacións de inxustiza e as cuestiona, pero non afonda nas súas causas dirixíndose en xeral ao gran público utilizando medios de comunicación masivos mediante mensaxes breves, esperándose un resultado nun corto prazo de tempo.

     

     TECNOLOXÍAS PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO (TPDH): aqueles mecanismos e estratexias que fan que certas solucións técnicas dignifiquen e potencien a vida das persoas.

     

    VERTEBRACIÓN: Trátase dos espazos informais, que son moi importantes de cara á creatividade, a creación e fortalecemento dos grupos, e ao fortalecemento das relacións sociais dentro da organización, claves en calquer iniciativa transformadora. ESF os valora e potencia en gran medida.

     

    Se tes máis dúbidas, aquí hai dous enlaces que che poden axudar:

     

    Diccionario de Acción Humanitaria y Cooperación al Desarrollo. HEGOA

     

    Glosario de términos sobre cooperación al desarrollo y acción humanitaria. CONGDE

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.