Was this page helpful?

Preguntas máis frecuentes

    En ESF só poden participar enxeñeiras e enxeñeiros? Por que Enxeñería Sen Fronteiras e non Enxeñeiros Sen Fronteiras?

    Hai dous motivos polos que nos gusta incidir neste matiz. O primeiro deles fai referencia á equidade de xénero, e á posibilidade de empregar xenéricos e non o masculino nos casos onde sexa posible sen incurrir en absurdos.

    O segundo, é máis sutil. O “Enxeño” non é específico das enxeñarías. A capacidade de poñer a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano é de todo o mundo, e nos consideramos a enxeñería como unha rama da técnica que permite atopar solucións aos problemas humanos. Pero isto necesita de xente que non ter porque ter estudos de enxeñaría xa que estes, moitas veces coñecen a técnica, pero non a maneira de poñela ao servizo da poboación, tendo en conta as diferenzas culturais e recoñecendo as súas sensibilidades. Calquera persoa pode ter algo que aportar neste sentido, tanto profesionais da Socioloxía, da Economía, do Ensino, do Periodismo, da Psicoloxía..., ou sen estudos universitarios. Abonda con ter unha conciencia crítica e ganas de inverter unha pequena parte do noso tempo. Así que xa sabes, un correiño a info@galicia.isf.es é todo o que necesitas se queres contactarnos para empezar a participar en ESF.

    Qué actividades podo realizar en ESF exactamente se quero apoiar co meu tempo?

    ESF Galicia forma parte da Federación Española de Ingeniería Sen Fronteiras, e está presente en distintas cidades galegas, que constitúen unha especie de “sucursal” ou sede de ESF-Galicia. A 2016 son: A Coruña, Compostela, Lugo e Vigo, aínda que se pode colaborar a distancia (vía telemática, aínda que de vez en cando nos vexamos as caras) ou crear sedes novas (Ferrol e Ourense estiveron activas até hai pouco, e hai anos houbo tamén grupo en Pontevedra; agora témoslle moitas ganas ás vilas medianas galegas...).

    Nas sedes, as persoas adoitan dividirse en diferentes grupos de traballo, sendo os principais Comunicación, Voluntariado, Educación para o Desenvolvemento-campañas, Programas de cooperación internacional, Tesouraría e Sistemas Informáticos.

    En Galicia, organízanse actividades de concienciación social, sensibilización, difusión e educación, é dicir, cursos (ou mesmo asignaturas na universidade como no caso de Enxeñería Civl na UDC), exposicións, xornadas ou campañas de difusión de diversos temas:

    • dereito humano a servizos básicos como auga, alimentación (falamos de soberanía alimentaria, comercio xusto, consumo responsable, desenvolvemento endóxeno...), sistemas de información e comunicación (cun enfoque de soberanía tecnolóxica baseada no software libre e simpatía por movementos makers e de coñecemento aberto, sen olvidarnos do comercio xusto de productos electrónicos, ao que chamamos electrónica ética), enerxía (con enfoque de sustentabilidade e soberanía enerxética)
    • denuncia de problemáticas específicas nos países nos que traballamos actualmente ou no pasado como os campamentos de refuxiados do Sahara, Nicaragua, El Salvador e, actualmente, Honduras.

    En resumo, actividades que pretenden que dar a coñecer información á xente do que está a acontecer no mundo, e que a miúdo non é accesible a través dos “Medios de Incomunicación” habituais.

    Ademais os grupos de programas internacionais buscan financiación para proxectos nos países nos que se traballa, adaptando as necesidades detectadas cos nosos socios locais (que son ONG dos países de traballo que coñecen moito mellor o contexto e coas que se colabora estreitamente, xa que ESF nunca executa os proxectos directamente) aos formatos dos financiadores, facer a interlocución con estes financiadores, estar en contacto permanente con eses socios locais vía telemática (con apoios ocasionais en temas máis técnicos ou administrativos que nos poidan demandar), etc.

    Tamén, dende hai uns anos, se traballa en incidencia politica participando en redes de traballo como a Coordinadora Galega de ONGD, sendo a voz dos que non teñen voz aquí para influir nas políticas públicas en España ou prácticas de entidades privadas que poden afectar ás poboacións doutros países (ou ao acceso a servizos básicos tamén en Galicia, facendo análise de programas políticos como o recentemente constituído grupo de incidencia política de ESF). Todo isto se fai desde grupos de voluntariado, que están apoiados polo persoal liberado (pero que non lideran actividades, senón que dan apoio ás que lideran os grupos de voluntariado).

    Pódese ir a outros países a facer proxectos de cooperación con ESF?

    ESF realiza proxectos de cooperación actualmente en Honduras (http://esfhonduras.blogspot.com) e tamén ten traballado en Nicaragua (http://esfnicaragua.blogspot.com), El Salvador (http://esfsalvador.blogspot.com/) e os campamentos de refuxiados saharauis en Alxeria (http://esfsahara.blogspot.com/), principalmente relacionados coa auga, soberanía alimentaria, medio ambiente e o desenvolvemento sustentable.

    Na realidade, ESF fai unha labor de asesoramento en xestión dos proxectos e axuda técnica e fortalecemento das ONGD locais (tamén chamadas copartes ou socios locais), dos países nos que está levando algún tipo de proxecto, dando a posibilidade a persoas voluntarias de facer estadías curtas nestes países, dentro do Programa de Coñecemento da Realidade (PCR). Estas estadías son parte dun proceso que, ademais de realizar un traballo técnico de apoio ás copartes, inclúe formación previa á estancia da persoa voluntaria, e dar a coñecer, unha vez que a persoa está de volta, a realidade dos países e comunidades nos que colaborou, fortalecendo o desempeño dos grupos de traballo de ESF.

     

    E se sodes "non gubernamentais", por que empregades diñeiro público nas vosas actividades?

    ESF depende en gran medida das subvencións (sobre todo para as accións de cooperación internacional), tanto as que conceden a Universidades ás asociacións de estudantes como as que convocan as distintas administracións públicas ou institucións privadas en temas de cooperación internacional. Pero os proxectos financiados son definidos de xeito independente da administración pública, e se busca financiación cando os obxectivos e prioridades das liñas de subvencións coinciden coas de ESF Galicia. Esforzámonos en que a xestión sexa o máis transparente posible, quedando a disposición de quen queira as contas (e mesmo calquera pode entrar a colaborar nos grupos de traballo de persoas voluntarias que xestionan estas axudas co apoio do persoal contratado; se te descoidas igual acabas de tesoureira ;D). Outra parte do financiamento, depende das cotas que os socios pagan, e que son empregadas principalmente nos gastos de administración, impresión de material informativo e documentación, papelería... Por último, en menor medida, están as doazóns puntuais de persoas ou entidades.

    Onde podo atopar máis información sobre a asociación?

    Se che interesa ampliar a túa información sobre de Enxeñería Sen Fronteiras podes facelo a través da súa páxina web http://galicia.isf.es, ou dos blogues http://esfgalicia.blogspot.com/ e https://esfhonduras.blogspot.com.es/. Ademais podes seguinos nas redes sociais facebook ou twitter. Tamén podes contactar connosco a través do correo electrónico: info@galicia.isf.es ou por teléfono no 981 167 000 ext 1479

    Recolledes ordenadores

     

    En xeral non recollemos material informático por varios motivos.

    O primeiro deles é que na actualidade non mantemos ningún proxecto de desenvolvemento de hardware per se. Naqueles nos que empregamos ordenadores ou outro material informático preferimos realizar a compra no país de actuación posto que adoita sair máis barato que enviar os bens dende España, estimula o comercio local e diminue a pegada ecolóxica do transporte.

    As necesidades informáticas que temos para os nosos locais e sedes poden ser similares as de calquera persoa. Así que lembra, se te estás a desfacer do ordenador porque non funciona ou é demasiado vello e xa non che sirve é probable que nós tampouco lle podamos dar uso. En xeral unha computadora que teña máis de 6-7 anos é probable que dea moitos problemas para adaptala as nosas necesidades. Se é máis nova, pois contáctanos!

    En canto a outros tipos de equipamentos como camaras fotográficas ou de vídeo, se siguen funcionando, é posible que esteamos interesados posto que poden ser útiles para prestarlles aos nosos PCR.

    Se segues interesado en doar o material tal vez che interese poñerte en contacto con GPUL, unha organización de A Coruña que promove o software libre e coa que colaboramos nalgunhas actividades conxuntas. Por exemplo a nosa wiki está no seu servidor e nos axudan co mantemento dos ordenadores do locais. Na area de Vigo podedes contactar con LazarusHack ou co GRUVI (Grupo de Reciclaje Informática de la Universidad de Vigo). Na universidade da Coruña exite un grupo similar na facultade de informática.

    De novo grazas por interesarte por nós. Podes seguir as nosas actividades a través no noso blogue de vida asociativa

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.