Was this page helpful?

NOVO EN ESF?

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Supoñemos que agora mesmo estás a aprender moito sobre Enxeñería sen Fronteiras (tanto se realmente levas pouco tempo en ESF como se levas máis pero queres profundizar). Ante calquera dúbida, acode á persoa responsable de voluntariado do teu grupo, ou se non á persoa responsable de voluntariado da túa sede. De todos os xeitos, se tes algunha dúbida sobre algún tema xeral aquí tes unhas axudiñas:

     -Listas de correo, clave para a comunicación interna en ESF Galicia.

    - En ESF hai moitas siglas, non me entero!!! Aquí podes saber o que significan.

    - Se ademais hai un montón de conceptos que novos que non entendes para iso está o Glosario

    - Propostas de formación: de momento os compañeiros de Ingeniería Sin Fronteras Valencia fan algunhas propostas para profundizar na formación. Nunha temporada engadiremos máis propostas en forma de itinerarios e enlaces formativos por temas para profundizar. Ademais podemos ir engadindo outras propostas que fagades. Aquí e aquí podes ir probando os teus coñecementos iniciais.

    - O voluntariado en ESF é participativo e comprometido. Un é libre de expoñer as súas propostas e ideas no grupo e debatilas a ver si van para adiante ou non. Pero é importante saber o tempo de que se dispoñe e ao que un se compromete tratar de cumplilo ou avisar con tempo ao resto do grupo se non se vai poder asumir para ser axudado (porque surxen imprevistos, porque calculouse de menos o tempo que levaría unha actividade determinada, etc.). Iso é traballar verdadeiramente en grupo, asumir os compromisos e apoiarse entre os membros do grupo. Sen vergoña, pero con responsabilidade, xa que se non se avisa o resto do grupo ten que asumir o traballo, o cal se pode facer se se avisa con tempo (ou máis de urxencia por se algunhas veces surden imprevistos, pero tratar de minimizar estes casos).

    - O anterior aplica tamén cando falamos de grupos en vez de persoas, xa que se un grupo está inmerso nunha actividade que o está desbordando, pode e debe pedir axuda ao resto dos grupos da sede e mesmo de Galicia. Seguro que a solidariedade que promovemos como valor a atoparedes tamén no día a día de traballo na asociación.

    - Se no desempeño de actividades esfeiras tes gastos e tes que adiantar o diñeiro, pide sempre facturas e xustificantes e gárdaos, tratando de non deixar pasar moito tempo antes de que pidas que cho devolvan a través do protocolo que hai para iso. É moi importante isto para a xestión orzamentaria da asociación. Por favor, pasa todos os gastos que teñas, non penses que se deixas sen pasar gastos é mellor para asociación porque así os aforra (aínda que a priori podería parecer que é así, en realidade é moi importante que todos os gastos pasen pola contabilidade da asociación para saber exactamente o que ser vai gastando e se imputen se procede a subvencións que ESF teña concedidas; logo cando se vos devolvan os cartos se os queredes doar, pois perfecto, pero non renunciedes a cobrar os gastos por ter que encher o protocolo de gasto, que leva 2 minutiños!).

    - Ademais, non esquezas encher o Compromiso de Voluntariado, descarga o modelo do enlace anterior ou pídello modelo á persoa responsable de voluntariado do teu grupo ou á responsable de voluntariado da túa sede e cando o enchas llo pasas á mesma persoa. Isto é importantísimo para estimar as persoas voluntarias que hai en ESF, ter os seus datos para contactalas se é preciso e poder contratar cada ano o seguro que cubre ás persoas voluntarias de ESF (así como que coñezas dereitos e deberes).

    - E lembra, podes participar en calquer ámbito da asociación dende o principio, e aínda mellor se non sabes nada!

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.