Was this page helpful?

Grupos de traballo

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Son os grupos, maioritariamente formados por voluntarios (en ocasións con apoio do persoal contratado), que realizan as actividades do día a día da organización dacordo coa Planificación Estratéxica. Agrúpanse en grandes áreas de traballo, como se describe na páxina principal desta wiki, pero dentro de cada área de traballo pode haber un ou varios grupos, deslocalizados (con membros en varias sedes) ou non.Todos os grupos de traballo teñen interlocución e presenza na Xunta Directiva de ESF a través dun vogal ou cargo estatutario da mesma (os membros da XD  poden ser interlocutores de varios, un ou ningún grupos de traballo).

    Os grupos de traballo en ESF surxen e permanecen na medida en que hai persoas interesadas en abordar cunha mínima calidade unha serie de actividades planificadas para un fin, que debería ser acorde coa Planificación Estratéxica, tendo enteira liberdade de acción aos grupos no día a día. Por isto, a finais de ano (outubro-novembro) todos e cada un dos grupos de traballo que pretendan realizar actividades o seguinte ano, deben elaborar unha planificación do grupo, contando cunha ferramenta online que se facilita aos coordinadores dos grupos, e que en xeral fai referencia a tres eidos principais do grupo:

    - Obxectivos e actividades a desenvolver polo grupo, vencellándoos coa Planificación Estratéxica nese ano.

    - Previsión de gastos e ingresos (aos que se unen as previsións de gasto xenéricas das Áreas de Traballo proporcionadas polos vogais da XD respectivos, e que servirá para elaborar o Orzamento Anual da Asociación que debe ser aprobado pola Asemblea Xeral de Socios no primeiro trimestre de cada ano, segundo marca a lei e os estatutos).

    - Voluntariado existente e necesidades do grupo neste eido (incluindo formación).

     

    A responsabilidade persoal nas actividades ou funcións que se asumen voluntariamente, a gran flexibilidade e liberdade de acción do grupo, o tratar de que o liderazgo sexa compartido e o feito de interiorizar e compartir a visión de  traballo do grupo dende unha perpectiva de pensamento crítico e de aprendizaxe transformador e mellora continua fai que, medio en serio medio en broma, falemos de que os grupos de traballo pretenden ser equipas de alto rendemento.

    Hai áreas de traballo onde xa se conta cunha estructura ideal de funcións a cubrir no grupo de traballo en cuestión (que non ten por que cumplirse ao 100%, pero que a experiencia demostra que se se cubren ditas funcións acádase un moi bo nivel de traballo e, o que ás veces é máis complicado, unha boa coordinación co resto dos grupos de ESF). Un exemplo disto é a proposta de organización para os grupos de traballo de PICD.

    Existe ademais un tipo "especial" de grupos de traballo, delegados pola Xunta Directiva para toma de decisións e consulta en asuntos clave da asociación. Trátanse das Comisións da Xunta Directiva.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)
    • No tags

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.