Was this page helpful?

Grupo de comunicación ESF Galicia

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Este grupo de comunicación actualmente conta cunha Vogalía na Xunta Directiva que integra tamén ao GSI (o GSI traballa no mantemento e difusión das ferramentas e filosofía SL na asociación). Pero se trata de transversalizar esa cultura comunicativa de cambio social, apoiados polos liñamentos de imaxe corporativa para dar unha pauta (sen renunciar á frescura). Se está tratando de fortalecer a estrutura deste grupo de comunicación a través de figuras como a persoa responsable de comunicación de cada sede e, idealmente, que cada grupo teña unha persoa que pense tamén en "clave de comunicación" (como se descrebe aquí no exemplo dos grupos de proxectos, abaixo de todo da páxina). Todas estas persoas formarían a súa vez parte do grupo de comunicación de ESF Galicia (en principio na lista propia do grupo de comunicación simplemente con que estivera a vogalía de comunicación e as persoas responsables de comunicación de sede sería suficiente, con contacto coas persoas de comunicación dos grupos só cando fora necesario).

     

     

    ALGUNHAS DAS FUNCIÓNS DO GRUPO DE COMUNICACIÓN

     

    • Identificar ás actividades de comunicación que se están a dar en ESF (se reflexa neste apartado da wiki).
    • Impulso á formación interna en temas de comunicación dos distintos grupos en colaboración con voluntariado no plan de formación interna (xa se fixeron algunhas), sería interesante manter unha formación fixa anual en cada sede no eido de comunicación e uso das ferramentas 2.0 que mantén ESF para que todos as usen.
    • Memorias de actividades de ESF, impulsar e facer seguemento de que se están facendo (hai unha ferramenta creada por Quique que facilita a súa elaboración, pero últimamente se asume por un par de persoas do grupo de comunicación, ou polo persoal contratado). Aquí se poden consultar as dos últimos anos.
    • Trípticos e novo material de comunicación externa sobre ESF
    • Elaboración de directrices de comunicación básicas de ESF a curto prazo (para logo plantexarse un plan de comunicación se fora necesario).
    • Apoio no uso de ferramentas de comunicación e difusión das actividades aos distintos grupos de traballo de ESF Galicia (que ademais deberían ter en tódolos casos un responsable de comunicación que enlazara co grupo de comunicación galego, aquí podedes ver case abaixo de todo as funcións desde responsable de comunicación de grupo, por exemplo no caso dos grupos de programas internacionais). Un exemplo pode ser o apoio aos grupos que o pidan en elaboración de notas de prensa, ou a difusión á base de datos de contactos coa que se conta dos eventos que cada grupo organice (para isto cóntase co apoio da secretaría técnica).
    • Coordinación cos espazos federais de comunicación.
    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.