Was this page helpful?

Grupos accións nacionais

    Formados na súa maioría por voluntariado, están apoiado polo persoal técnico en sede, que facilitará o seu traballo. Desenvolven unhas funcións e contan cunha serie de ferramentas principais para o seu traballo do día a día.

    Actualmente (2014) en ESF hai varios grupos en activo:

    - Sensibilización-incidencia en auga na sede de A Coruña

    - Educación para Desenvolvemento na sede de A Coruña

    - Sede Santiago de Compostela

    - Grupo de Desenvolvemento Rural (accións de sensibilización)

    - Sede de Lugo (curso de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e Xornadas de Soberanía Alimentaria)

    - Sede de Vigo (electrónica ética é a temática máis importante)

    - Sede de Ourense

    A continuación aparecen as diferentes funcións que se aconsella asumir nos grupos

    Ser a persoa responsable de algo non implica que esa persona teña que facelo físicamente, senon que xestione os recursos para que as súas responsabilidades se leven a cabo.

     As funcións principais (ollo, non son persoas, son funcións, pero sempre que sexa posible é aconsellable que as asuman persoas distintas, mesmo que nalgún caso sexa máis dunha persoa):

     

    Coordinación de grupo

    Asumida pola persoa que será en principio referencia externa do grupo de traballo.

     

    Funcións:

    Convocar reunións e preparar o Orde do Día das mesmas (recollendo os puntos propostos polos distintos membros do grupo ou propostos por externos e por el mesmo).

    Preparar e moderar as reunións.

    Facilitar a distribución de tarefas/responsabilidades.

    Facer o seguemento do cumprimento das tarefas/responsabilidades xunto co responsable de voluntariado de grupo

    Ter en mente en que punto se está e ónde se quere chegar (e a Planificación Estratéxica no eido de traballo do grupo).

    Pensar na mellora do funcionamento do grupo.

    Preparar ás reunións da Comisión de Accións no Norte e procurar que alguén do grupo asista as mesmas e informe.

    Se se trata dun grupo sectorial (electrónica ética, soberanía alimentaria, auga...) participar no grupo Federal deste sector (hai listas de correo específicas).

    Se se trata dun grupo sectorial (soberanía alimentaria, auga...) coordinarse cos grupos do mesmo sector da área de Programas Internacionais de Cooperación ao Desenvolvemento.

     

    Perfil:

    Aconsellable persona con experiencia no grupo e en ESF ainda que o fundamental é facilidade para xestionar grupos e motivar.

     

    Responsable de voluntariado de grupo

    (Función que podería ser asumida pola anterior, pero non é aconsellable)

    Persona de referencia para os novos/as voluntarios/as e que pensa en clave voluntariado

     

    Funcións:

    Facer seguemento do voluntariado: resolver as dúbidas, axudar no día a día, poñer ao día ás persoas voluntarias que o necesiten

    Comunicación coa persoa responsable de voluntariado de sede.

    Enlace no primeiro contacto dun voluntario/a co grupo, antes de que asista á primeira reunión de grupo: propoñerlle previamente lecturas básicas e facer a resolución de dúbidas, para que poida integrarse rápidamente (tal como o recolle o manual de voluntariado na parte de acollida).

    Formación: pensar, recoller e planificar as propostas de formación necesaria para o grupo.

    Facer o seguemento do cumprimento das tarefas/responsabilidades xunto coa persoa coordinadora de grupo

     

    Perfil:

    Persoa que coñeza o funcionamento xenérico dos grupos de traballo de ESF (ideal para una persoa con traxectoria na organización, aínda que pode non levar moito tempo no grupo en cuestión)

     

     

    Responsable económico do grupo

     

    É moi aconsellable que sexa unha persoa distinta á que desenvolva as dúas anteriores funcións.En contacto permanente co técnico contratado de proxectos, manexa a parte económica do grupo.

     

    Funcións

     

    Autorización de gastos  que teñan que ver coas actividades do grupo (firma de protocolos de gastos que teñan que ver co grupo, envíos de fondos aos países de traballo, facturas en Galicia de auditorías dos proxectos ou viaxes imputadas aos proxectos que leva o grupo, etc.).

    Coordinación na elaboración do orzamento anual do grupo no mes de outubro-novembro do ano anterior como parte da planificación do grupo.

    Seguemento orzamentario do grupo (comparar os gastos previstos na planificación anual do grupo cos gastos que se van realizando no grupo).

    Coordinación da elaboración do orzamento nas formulacións.

    Control de gasto

    Memoria económica das xustificacións.

    Previsións de gasto, ao inicio do mes.

     

    Perfil

    Persona con continuidade no grupo

     

     

     

    Responsable técnico do grupo

    Persoa que terá na cabeza como vai a actividade do grupo acorde co planificado.

     

    Funcións:

    Comunicación co persoal expatriado.

    Lectura de informes.

    Definición do seguemento: recopilación/responsables/informes.

    Dinamizar a realización dos informes resumen para as comisións de proxectos.

    Trasladar ao grupo decisións que se teñen que tomar en terreo e que requiren un cambio de estratexia

     

    Perfil desexable

    Coñecemento do ciclo de proxectos

    Persoa con gañas de coñecer máis de cerca a realidade do país.

    Que teña continuidade para axilizar os skypes ou darlle seguemento á persoa que os faga se non é ela.

     

     

    Responsable de PCR no grupo

    Persoa de referencia para as persoas do grupo que vaian a participar ou estén participando no Programa de Coñecemento da Realidade. É aconsellable que sexa a mesma persoa que desenvolva a función de Representante de Grupo na Comisión PCR (ver seguinte)

    Funcións:

    -Velar porque se cumple o compromiso PCR.

    -Comunicar á comisión PCR cualquier incidente que poda ocurrir no transcurso do PCR.

    -Preparar a formación específica dos participantes no PCR do grupo. 

    -Ser o contacto no grupo dos participantes no PCR. É dicir, a integación no grupo, explicacións, aclaración de dúbidas, etc. é cousa de todo o grupo, pero é moi importante que exista unha persoa de referencia para os PCR. Se son novos no grupo as referencias serían o responsable PCR e o de voluntariado do grupo. Tamén é moi moi importante que cando o PCR estea en terreo saiba que, ademáis do apoio do grupo, sempre pode dirixirse a esta persoa para calquer problema, por delicado que sexa, ou simplemente para un seguemento máis detallado.


    - Supervisar todos os asuntos relacionados co PCR no grupo: a definición de prazas, de perfís, a formación dos participantes no PCR, o seu seguemento... Isto non implica FACER todas estas tarefas, senón telas na mente e non perdelas de vista, para que se cumpran en tempo e forma.

    Perfil desexable:

    Antigo participante no PCR

     

     

    Representante de grupo na Comisión PCR

     

    Todos os grupos de traballo que pretendan participar ou estén participando no Programa de Coñecemento da Realidade deben ter un representante na Comisión PCR, segundo o regulamento da mesma. É aconsellable que sexa a mesma persoa que desenvolva a función de Representante de Grupo na Comisión PCR (ver anterior)

    Funcións:

    Asistir ás reunións da comisión PCR (unhas 4 ao ano).

    Estar en contacto coa comisión PCR e asistir ás súas reunións como representante do grupo, para que na Comisión PCR se coordine a asignación de financiadores e a previsión de gastos. Trasladarlle as opinións, propostas (incluido número de prazas solicitadas polo grupo e actividades a realizar), suxerencias, etc. do grupo e as propias, como ex-PCR. O mesmo á inversa: comunicar cousas da comisión PCR ao grupo. É importante que este canal de comunicación funcione ben, xa que dese xeito é como realmente os grupos forman parte da comisión.

    Apoiar no día a día e cometidos da Comisión PCR.

     

    Perfil desexable:

    Antigo participante no PCR do grupo

     

    Responsable de comunicación de grupo

     

    Funcións:

     

    -Estar pendente da proposta de contidos para a actualización da web aos responsables do mesmo do GSI.

    -Actualización do blogue do grupo e propostas de contidos para facebook (pode ir directamente ao muro) e  twitter.

    -Contacto e coordinación co grupo de comunicación para apoio en difusión das actividades do grupo.

    -Difusión das actividades (elaboración de notas de prensa en fitos do traballo do grupo co apoio do grupo de comunicación, contacto cos medios).

    - Participar nas reunións do grupo de comunicación a nivel Galicia que convoquen dende a Vogalía de Comunicación da Xunta Directiva e ser canal de comunicación entre esas reunións e o grupo e viceversa.

     

    Perfil desexable:

    Persoa con facilidade para comunicación oral e escrita, e certa traxectoria no grupo (se ben isto último non é imprescindible, xa que a clave é que dinamice a comunicación externa do grupo e reciba aportes do resto dos membros do grupo).

     

     

    Responsable de xeneración de coñecemento de grupo

     

    Funcións:

     

    -Pensar/recopilar material formativo e de Educación para o Desenvolvemento baseado na experiencia de traballo no sur e promover a súa difusión en diversos foros (Cursos de ESF ou externos, asignaturas, cursos online, etc.).

    -Promover a xeneración de xeito periódico (anualmente?) de propostas de traballos académicamente dirixidos, prácticas académicas, temáticas para facer investigación para o desenvolvemento, etc.

     

    Perfil preferente:

    Persoa con certa formación en Campañas e Educación para o Desenvolvemento

     

     

    Ademais, os grupos contan para o seu día a día coas seguintes ferramentas de traballo:

     

    - Listas de correo-e : contan cunha lista específica para a comunicación interna do grupo.

     

    - Wiki de ESF Galicia 

    - Intranet : conta con espacios específicos para colgar a documentación xenerada (sobre todo actas, informes, formulacións presentadas a financiadores e xustificacións).

     

    - Reunións vía teleconferencia se fora necesario

     

    - Reunións de traballo PRESENCIAL: soen ser, no caso dos grupos de de sensibilización, semanais cun día pre-establecido que pode variar previo acordo e convocatoria vía lista de correo do grupo por parte da persoa coordinadora do grupo. Todas elas deben contar cun acta con alomenos os acordos máis importantes, responsables e prazos, e enviarse á lista de correo nos días posteriores á reunión segundo o modelo empregado (e preferiblemente en formato libre tipo .odt, .rtf ou .pdf) nomeando o arquivo como aammdd_acta_nomegrupo

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)
    • No tags

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.