Was this page helpful?

Persoal Remunerado

    Tabla de contidos
    1. 1. Formación de traballadores

    ESF conta na actualidade (31 de xullo de 2017) con tres persoas contratadas:

    • Un técnico de proxectos en Galicia, contratado 6 horas/día
    • Unha secretaria técnica, contratada 5 horas/día
    • Unha persoa expatriada, contratada a tempo completo, que se encarga da xestión dos proxectos en Honduras

    Para o persoal que en España está cun contrato a tempo parcial debe, ademais do resto dos requisitos habituais, levarse un rexistro de horas diarias traballadas, tal como se explica aquí.

    O seu papel é máis de facilitadores do traballo dos grupos de voluntariado que de impulsores de actividades. Algo sobre a filosofía neste tema pódese ver aquí.

    Ademais, están protexidos segundo a lexislación vixente de Prevención de Riscos Laborais.

    Formación de traballadores

    ESF fomenta a formación continua dos traballadores. En canto a financiación dos cursos que realizan cóntase con dúas modalidades:

    • Cursos financiables mediante a fundación tripartita. ESF ten cada ano 420€ para invertir en cursos da formación tripartita para os seus traballadores. Eses 420€ é o que sale da retención das nóminas en concepto de formación por ser unha entidade de entre 1 e 5 traballadores. A xestión da bonificación esixe certos trámites administrativos bastante liosos, que se poden delegar na empresa que nos asesora, Algalia, por un 25% do custe do curso que tamén pode ser imputado ao crédito coa fundación.
    • Outros cursos. ESF aplica a mesma política a este respecto que ten coas persoas voluntarias. Financiase un 40% do prezo do curso unha vez se presenta un certificado de aproveitamento que debe ser presentado xunto ao protocolo de gastos correspondente.

     

    Existe a política de permitir a imputación de, por norma xeral, o 40% das horas dos cursos realizados polo persoal remunerado a horas de traballo.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.