Was this page helpful?

A wiki

    Tabla de contidos
    Non hai encabezados

    Unha wiki é un sitio web, creado e modificado por todas e todos nós. As súas páxinas poden ser editadas, modificadas, compartidas, remodeladas ou borradas a través de Internet. O seu funcionamento é semellante ao da Wikipedia coa diferenza de que neste caso será unha ferramenta interna de Enxeñería Sen Fronteiras. Pero hai que ter en conta que non é unha Intranet, senón que, máis ben, é un enorme manual de intruccións.

     

    O emprego da Wiki permitirá crear e protocolizar todas aquelas accións que se desenvolven en ESF. Deste xeito, todas e todos teremos acceso para plasmar, mellorar, editar ou consultar todos eses “xeitos de facer”. Isto permitiranos coñecer o funcionamento dunha determinada cuestión, creando así unha maior coherencia en todos os procesos facilitando a interiorización dos mesmos.

     

    De tal xeito, chegará un momento no que non será preciso consultar a wiki para realizar tarefas cotiás como, por exemplo, o etiquetado dos blogues.

     

    Este manual de intruccións márcanos un pequeno camiño polo que empezar e tamén axudará ao novo voluntariado a coñecer o funcionamento da organización en determinadas cuestións. Para entender mellor a súa estructura podes ir aquí.

    Was this page helpful?
    Etiquetas (Edit tags)
    • No tags

    Arquivos 0

     
    Debe inicie sesión para enviar un comentario.