Aquí podedes ver como se organiza ESF para acadar a súa misión. Está por un lado a Asemblea Xeral de Persoas Socias, máximo órgano de decisión. Os grupos de traballo de persoas voluntarias, que poden ser ou non socias (co apoio do persoal contratado) son os que levan a cabo as actividades do día a día e tamén teñen unha gran importancia na definición das estratexias e liñas de traballo da asociación, mesmo na elaboración da Planificación Estratéxica (que logo é aprobada en Asemblea Xeral). A Xunta Directiva (que ten comisións de apoio) é o grupo que ten como principal misión, delegada pola Asemblea Xeral, de executar a Planificación Estratéxica definida e tratar de acadar os resultados previstos.
Ademais, os grupos de traballo están vencellados en xeral a algunha das sedes físicas coas que conta ESF Galicia en Galicia e Honduras (se ben as reunións presenciais se complementan co uso intensivo de ferramentas telemáticas como as listas de correo ou sistemas de teleconferencia).
Ficheiro | Tamaño | Data | Achegado por | |||
---|---|---|---|---|---|---|
![]() | Organigrama_ESF_2016.odp organigrama 2015 editable | 50.69 kB | 16:05, 11 Xun 2016 | Admin | Accións | |
![]() | ![]() | Organigrama_ESF_2016.pdf organigrama 2016 | 33.67 kB | 16:05, 11 Xun 2016 | Admin | Accións |
Images 0 | ||
---|---|---|
No images to display in the gallery. |